Dous galegos gañan un campionato mundial de World of Warcraft

mércores, 12 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Fearwar e Souler recibindo o cheque de 30.000 dólares do seu premio

O Championship Gaming Series (CGS) celebrado en Los Ángeles nos pasados días congregou a xogadores de todo o mundo que mediron a súa pericia en distintos xogos, pero que no categoría de 2 contra 2 do World of Warcraft: Burning Crusade sorprendeu cunha vitoria galega.
O equipo wts skill, composto por Francisco Javier Fearwar de la Peña Ojea e Néstor Souler García Trabazo, chegou ata a final tras superar moitas cribas, rematando cunha vitoria que lles fixo merecedores dun chegue por valor de 30.000 dólares (20.398 euros) entregado por Jason Katz (vicepresidente do evento) e Abizar Vakharia (director senior da división global de xogos de Dell).
Preguntados sobre o que ían facer cos cartos, Fearwar comentou que «podería mercar un portátil, ou algo...», o que podería vir provocado pola presentación do impresionante portátil Dell XPS na súa edición World of Warcraft.

O equipo wts skill en plena partida

Os mozos galegos nunca pensaran que un xogo coma World of Warcraft puidera ser unha actividade profesional como acontece con títulos coma Counter Strike, pero a súa experiencia en Los Ángeles fíxolles cambiar de idea, polo que poderiamos estar ante un dos poucos grupos de españois que se dedican profesionalmente ás competicións de videoxogos (algo que é habitual en países asiáticos coma Corea do Sur).

PUBLICIDADE