Double Dragon Neon estréase para Xbox 360 e PS3
mércores, 12 de setembro do 2012
Os
irmáns Billy e Jimmy Lee están de volta para salvar a Marian do malvado
Skullmageddon a través dos 16 violentos niveis que conforman Double
Dragon Neon, actualización do clásico Double Dragon que arrasou nos salóns recreativos en 1987 e que hoxe
chega ao Bazar de Xbox LIVE Arcade por 800 Microsoft Points (9,6 euros) e
que na PlayStation 3 só
estará dispoñible temporalmente para os usuarios de PlayStation Plus (xunto
a Red Dead Redemption e Scott Pilgrim contra el mundo), para
incorporarse a finais de mes á PlayStation Store de xeito xeral.
Con este tÃtulo a xente de WayForward Technologies soubo coller un xogo clásico
e actualizalo dun xeito moi especial, pero conservando os detalles que marcaban
o xogo de finais dos anos 80 (música cañeira,
roupa extravagante e técnicas de loita peculiares), como podemos ver no
seguinte vÃdeo:
- O xogo, con gráficos en alta definición, consegue conservar o espÃrito orixinal da saga de Double Dragon