DmC estrea versión para PS4 e Xbox One

mércores, 11 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Os usuarios que gustasen do polémico reboot da franquía Devil May Cry, no que o protagonista cambiaba drasticamente de aparencia física, presentando un aspecto máis escuro, poden por fin gozar deste frenético xogo de acción nas consolas da actual xeración xa que DmC Devil May Cry: Definitive Edition está xa dispoñible para a súa compra na PlayStation Store e no Bazar de Xbox LIVE a un prezo de 39,99 euros.
Ao adaptarse a consolas máis potentes, o xogo conseguiu mellorar os seus gráficos a 60 fotogramas por segundo, incorporaou novas características e todo o contido descargable do xogo orixinal. Convídanos así a unirnos a Dante e a Vergil na súa viaxe polo mundo demoníaco do Limbo, derrotando a infinidade de seres maléficos neste renacer da franquía de Devil May Cry na que se mantén un ritmo de xogo baseado en combinacións de ataques con armas singulares e un aspecto visual impactante. Un grande traballo de Ninja Theory que tivo unha boa acollida en 2013, e que agora parece estar a repetir con esta renovación que conseguiu xa un 86 sobre 100 en Metacritic, de xeito que sería un dos xogos máis recomendables para PS4 e Xbox One no que vai de ano.


Trailer da nova edición de DmC

PUBLICIDADE