Dispoñible para a súa descarga o Service Pack 2 para Windows Vista

martes, 26 de maio do 2009 Marcus Fernández

Aínda que moitos usuarios teñen a vista posta no lanzamento do Windows 7 para despois do verán, o Windows Vista segue moi vivo, e para incrementar a súa seguridade, estabilidade e compatibilidade con novo hardware, Microsoft publicou para a súa descarga o Service Pack 2 para Windows Vista e Windows Server 2008 que pode descargarse para sistemas de 32 e 64 bits (con tamaños de 348,3 e 577,4 Mbytes respectivamente).
A súa instalación é recomendable (especialmente se temos en conta que é de agardar que no futuro haxa aplicacións que esixan esta actualización para funcionar). Tamén é importante que os usuarios que non teñan activadas as actualizacións automáticas de Windows incorporen como mínimo este paquete de actualización, por incorporar as melloras desenvolvidas dende o lanzamento do anterior Service Pack.

PUBLICIDADE