Tras 11 semanas, dispoñible en galego o Internet Explorer 9
xoves, 26 de maio do 2011
Estamos
afeitos a falar dos esforzos que fan distintos colectivos para que o software
que empregamos a diario estea dispoñible na nosa lingua, de aí que non
resultase agradable comentar que na estrea do
Internet Explorer 9 para Windows Vista e 7 o éuscaro e o galego quedaron
marxinados (de feito, a actualización da aplicación non podía instalarse en
equipos co Windows en galego), pero finalmente Microsoft pisou o acelerador na
tradución do novo navegador web e esta semana presentou
unha actualización do IE9 que incorpora 53 idiomas adicionais, chegando a
un total de 93, o que convertería ao Internet Explorer 9 no navegador web
dispoñible en máis linguaxes, superando ás 86 do Firefox 4, ás 45 de Google Chrome
11, ás 44 do Opera 11.0 e ás 16 do Safari 5.
Deste xeito, agora o Internet Explorer 9 está dispoñible na totalidade de
linguas dispoñibles para Windows Vista e só deixaría 3 idiomas de Windows 7
fóra. O Internet Explorer 9 está dispoñible
para a súa descarga en numerosas linguas de todo o mundo, aínda que estas
versións do IE9 tamén poden instalarse a través de Windows Update como unha
actualización opcional.
- Microsoft presume de que o IE9 é o navegador web dispoñible en máis linguas