Dispoñible en Xbox Live a demo de Command and Conquer 3 para PC

xoves, 19 de abril do 2007 Raquel Noya

Dende onte, 18 de abril, EA pon a disposición dos usuarios de Xbox Live a agardada demo do Command and Conquer 3 Tiberium Wars, o xogo da popular saga de Command and Conquer que, logo de anos de espera, recupera de novo a liña argumental orixinal e reforza os elementos que hai tempo lle reportaron sona mundial. Porén, o lanzamento vén acompañado dunha tecnoloxía de xogo moito máis avanzada, gráficos de última xeración e unha historia épica con secuencias de vídeo real.
De novo, o destino da humanidade e do planeta volve estar nas mans do xogador que vivirá unha auténtica aventura ambientada en 2047, nunha Terra ecoloxicamente devastada e estragada pola guerra.
Esta demo será a única lanzada para PC pero os de Vidaextra.com xa anuncian a saída ó mercado do videoxogo para Xbox o vindeiro 10 de maio.