Dispoñible a demo de Dark Void

xoves, 7 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Este mércores chegou ao Bazar de Xbox LIVE a versión de demostración do xogo Dark Void, que hoxe chega tamén á PlayStation Network, de xeito que os usuarios tanto da Xbox 360 como da PlayStation 3 poden botar un ollo a un xogo de acción que chegará ás tendas na súa versión para a consola de Microsoft o vindeiro día 15, mentres que os usuarios da de Sony deberán agardar ao día 22 para poder mercalo.
A demo de Dark Void é unha introdución que permite facernos unha idea do que achega o xogo completo, amosándonos unha parte do xogo no que hai que voar grazas a un jet-pack mentres se elimina aos inimigos (Watchers) con distintas armas. Este título combina os combates aéreos con escenas de acción con cobertura, tendo que rematar cunha raza alieníxena que intenta rematar cos humanos.


Trailer de Dark Void

PUBLICIDADE