DispoñÃbel en galego a versión 3.4.2 de LibreOffice, recomendada para empresas
venres, 5 de agosto do 2011
Para quen queira seguir tendo no fogar ou na
empresa unha suite ofimática libre,
unha alternativa á de Microsoft e que estea en galego e sexa eficaz e rendÃbel, se cadra hoxe a mellor solución é apostar por LibreOffice. E máis tendo en
conta que OpenOffice, o xermolo de LibreOffice, non puÃdo evolucionar como
deberÃa nos últimos tempos por mor do escaso compromiso de Oracle, propietaria
do paquete, á hora de darlle unha axeitada continuidade. Leas aparte,
LibreOffice vai cara adiante coma unha frecha, achegando completas solucións
para usuarios particulares e tamén para empresas.
Se hai uns dÃas falabamos en Código Cero da dispoñibilidade
en galego da versión 3.4.1 da suite,
agora é hora de facelo da achega
3.4.2, unha nova entrega, dispoñÃbel tamén na nosa lingua, moi recomendada
para as empresas e para as administracións públicas.
O anuncio que emitiu The Document Foundation (xestora e
coordinadora do dito programa) acerca da publicación
de LibreOffice 3.4.2 informa de que trátase da terceira versión da
familia 3.4, unha achega na que colaboraron máis de 300 persoas e que serviu
entre outras cousas para corrixir a maior parte das incorreccións ou eivas e,
tamén, para subministrar un alto grao de estabilidade que se presenta, como
dixemos, de especial relevancia para espazos empresariais ou administrativos.
Segundo se engade no blog
da comunidade galega de LibreOffice, á que pertencen Antón Méixome e Miguel
Bouzada (principais responsábeis de que poidamos empregar esta suite na nosa lingua) a devandita
fundación internacional de informática libre xa está a animar ás grandes
corporacións a integrar esta nova entrega no seu seo, incluÃndo, iso si,
recomendacións ben claras: que o fagan a través de provedores comerciais de
asistencia técnica que teñan capacidade para estudar as demandas existentes e
contribuÃr a un bo proceso de migración.