Disney+ supera os 10 millóns de altas
mércores, 13 de novembro do 2019
A estrea
de Disney+ nos EE.UU. está a funcionar realmente ben, superando
as 10 millóns de altas no seu primeiro dÃa, deixando claro o interese do
público pola rica oferta de contidos que ofrece esta nova plataforma de vÃdeo
baixo demanda que aglutina pelÃculas e series de Disney, Pixar, Marvel, Star
Wars, National Geographic e outros, á vez que tamén conta coas 30 tempadas de Los
Simpson.
Cómpre salientar que a estrea desta plataforma cunha produción como The
Mandalorian, ambientada no universo de Star Wars e cunha calidade
equiparable ao das pelÃculas para pantalla grande, foi todo un acerto, de xeito
que Disney+ dá os seus primeiros pasos contando con reclamos difÃciles de
resistir, e coa promesa de que no futuro contará no seu catálogo coas pelÃculas
de Disney e Marvel que trunfan no cine e incluso o filme de Star Wars que se
estreará en pantalla grande o mes que vén. De feito, Disney+ aproveitará ter
unha plataforma de seu para que as vindeiras series estean moi ligadas cos
filmes, de xeito que se retroalimenten.
Os analistas estimaban que Disney+
poderÃa conseguir entre 10 e 18 millóns de subscritores ao rematar o seu
primeiro ano, e vendo o ben que funcionaron as primeiras horas e que aÃnda
non entramos na campaña de Nadal, podemos auspiciar que as previsións
superaranse sobradamente.
A longo prazo será máis difÃcil saber o que pasará no mercado global do vÃdeo
baixo demanda, xa que están a crearse cada vez máis plataformas, o que está a
probar unha fatiga da subscrición, e os usuarios comezan a ter que
elixir ante a imposibilidade de contratar numerosos servizos e ante a mala
experiencia de uso que supón ter que andar a alternar entre aplicacións para ver
os contidos desexados.