Disney pecha o estudio de videoxogos LucasArts
mércores, 3 de abril do 2013- Star Wars 1313 poderÃa continuar o seu desenvolvemento fóra de LucasArts
Tras a adquisición de LucasFilm e LucasArts por parte de
Disney creo unha situación de grande incerteza sobre o futuro da división de
videoxogos de George Lucas, principalmente porque Disney tende a licenciar as
súas marcas de cara aos seus videoxogos (minimizando o seu risco), e finalmente
confÃrmase
que LucasArts (compañÃa coñecida inicialmente como LucasFilm Games) bota o
peche, de xeito que os xogos baseados no universo de Star Wars deixarán de desenvolverse internamente, decisión na que
poderÃa ter influÃdo en boa medida o mal resultado (tanto económico como de
calidade) dos últimos tÃtulos desta franquÃa (como Star Wars: The Old Republic, que non foi capaz de manter o seu
modelo de subscrición e tivo que reformularse como un xogo Free-to-Play).
Os principais proxectos en curso de LucasArts eran o xogo Star Wars 1313 e Star Wars:
First Assault, que pese a ser moi prometedores veñen de ser
cancelados, o que non significa que non vaian ver a luz no futuro, pois
actualmente están
a estudar a posibilidade de externalizar o seu desenvolvemento e publicación,
especialmente no caso de Star Wars 1313,
que estaba a captar bastante atención durante as últimas grandes feiras de
videoxogos e parecÃa estar nun estado bastante maduro.
- Os xogos de Lucasfilm Games deixaron pegada no mundo dos videoxogos (na imaxe podemos ver a colección de Ron Gilbert)
Pero o público non chora o adeus de LucasArts polos xogos futuros, senón pola pegada que deixou no mundo dos videoxogos nos seus primeiros anos, cando destacou por tÃtulos afastados do universo de Star Wars, como as aventuras gráficas The Secreat of Monkey Island, Day of the Tentacle, Indiana Jones and the Fate of Atlantis ou Grim Fandango, considerados aÃnda hoxe como auténticos xogos de culto. Xa baixo o paraugas de Star Wars tamén conseguiu establecer as sagas de éxito de X-Wing, Battlefront e Knights of the Old Republic, e tÃtulos memorables como Roque Squadron, que están moi afastados no tempo, mentres que o recordo que temos de xogos como Kinect Star Wars fai que moitos non boten en falta a LucasArts e confÃen en que a posibilidade de que a saga galáctica poida pasar por mans de estudios de certo peso, que permitan futuros desenvolvementos de calidade.