Disney completa a compra de 21st Century Fox

mércores, 20 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Hoxe é un día histórico para o audiovisual global xa que faise efectiva a compra da 21st Century Fox por parte da The Walt Disney Company, de xeito que os negocios e franquías da Fox pasan a mans da Disney, compañía que consegue así un peso moito maior nun mercado moi competitivo, facilitando así os seus vindeiros pasos no contorno dixital, xa que a finais de ano está previsto o lanzamento do servizo de vídeo baixo demanda Disney+, á vez que toma o control accionarial de Hulu (compañía da que tiña o 30% das participacións, e da que agora tería o 60%).

JPEG - 41.9 KB
Imaxe coa que un dos guionistas dos Simpson recibe a compra da Fox por parte da Disney

Coa adquisición Disney faise coas empresas cinematográficas Twentieth Century Fox, Fox Searchlight Pictures, Fox 2000 Pictures, Fox Family e Fox Animation; as empresas televisivas Twentieth Century Fox Television, FX Productions e Fox21; FX Networks; National Geographic Partners; Fox Networks Group International; Star India; e as participacións da Fox en Hulu, Tata Sky e Endemol Shine Group.
Para que as autoridades permitisen esta compra segregaron os negocios de informativos e deportes na nova Fox Corporation, que contará con negocios como FOX New Channel, FOX Business Network, FOX Broadcasting Company, FOX Sports, FOX Television Stations Group e as redes deportivas de cable FS1, FS2, Fox Deportes e Big Ten Network.

PUBLICIDADE