Disney+ adianta o seu lanzamento español

martes, 21 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

No mes de novembro anunciouse que a chegada de Disney+ a España tería lugar o 31 de marzo, pero finalmente Disney decidiu adiantar este lanzamento nunha semana, polo que o novo servizo de vídeo en streaming estará dispoñible no noso territorio e noutros países europeos a partires do 24 de marzo.
Disney+ chegará con contidos de Disney, Pixar, Marvel, Star Wars e National Geographic, xunto con outros máis, cun prezo de 6,99 euros/mes ou 69,99 euros/ano, facilitando o rexistro de até 10 dispositivos simultáneos e a reprodución simultánea en até 4 pantallas á vez, ou sexa, o equivalente ao plan Netflix Premium, que ten un custo de 15,99 euros/mes, o que fai que a nova plataforma resulte moi atractiva.
Entre as vantaxes de Disney+ figuran a posibilidade de descargar calquera serie e película para a súa reprodución fóra de liña, a posibilidade de crear até 7 perfís de usuario e a opción de definir perfís infantís para menores de 6 anos.
Aparte dun inmenso fondo de catálogo, Disney+ chega utilizando como reclamos á serie The Mandalorian, ao novo de High School Musical, á reinterpretación de La Dama y el Vagabundo e outros filmes e documentais que buscan satisfacer a un público moi amplo, aínda que resulta evidente que esta plataforma está especialmente dirixida para toda a familia, fidelizando aos usuarios grazas ás grandes franquías que terá en exclusiva durante os vindeiros meses.

PUBLICIDADE