Disney Infinity porase á venda en España o 23 de agosto

mércores, 31 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Collendo o concepto da saga Skylanders, anunciouse a preparación do xogo Disney Infinity, que será unha especie de xogo de xogos nos que personaxes de Disney e Pixar daranse cita en múltiples plataformas (Xbox 360, PS3, Wii, Wii U, Windows PC e Nintendo 3DS) e do que Sony vén de confirmar que estará dispoñible para PlayStation 3 a partir do vindeiro 23 de agosto nun paquete de iniciación que incluirá o xogo, 3 figuras, a base para facer que os personaxes das figuras poidan saltar ao mundo virtual de Disney Infinity, un PlaySet para comezar a xogar, un Power Disc e un Web code por 69,99 euros.
Aínda que os prezos de Disney Infinity e as súas figuras poidan parecer un tanto caros, dende a súa editora deféndenos polas capacidades de expansión do xogo (en vez de mercar xogos soltos por cada nova película de Disney será posible adquirir as súas figuras para introducilas neste título).
Os personaxes incluídos no Starter Pack de Disney Infinity serán Mr. Incrible, Sulley e o Capitán Jack Sparrow, pero tamén estarán dispoñibles outros personaxes dos seus mesmos universos (os piratas Barbossa e Davy Jones, os monstros Mike e Randy e a familia Incrible ao completo) e de moitos outros filmes da Disney, como o Xinete Enmascarado e Toro (El Llanero Solitario) ou Rayo McQueen e Holley (Cars) que poderán moverse polos escenarios (PlaySets) de cadansúa película.


Trailer de Disney Infinity

PUBLICIDADE