DiskGO chega como unha unidade de memoria de pequeno tamaño e grande capacidade

martes, 20 de xullo do 2010 Marcus Fernández

As unidades de memoria USB non paran de reducir o seu tamaño, de aí que non debería sorprender que EDGE lance as unidades DiskGO en capacidades que van dende 1 ata 32 Gb a prezos de 12,95 dólares (9,27 euros) e 89,95 dólares (68,81 euros) respectivamente e cun tamaño moi semellante ao dun cuarto de dólar (en boa medida porque o seu conector USB é retráctil).
As unidades DiskGO son tan cativas que poden transportarse con comodidade no chaveiro, e poden mercarse de xeito individual ou en versións especiais que inclúen a aplicación Dmailer Backup (que facilita as copias de seguridade automáticas e a encriptación AES de 128 bits).

A unidade de memoria pode empregarse en calquera porto USB

PUBLICIDADE