Dishonored recibe o seu segundo DLC

martes, 16 de abril do 2013 Marcus Fernández

Para moitas publicacións especializadas o mellor xogo do ano 2012 foi Dishonored, premiando así a ousadía de Bethesda Softworks para editar unha nova franquía con grande potencial, pero este título non está morto, senón que continúa a incorporara contido e, concretamente, hoxe chega ao Bazar de Xbox LIVe por 800 Microsoft Points e a Steam por 9,99 euros (os usuarios de PS3 deberán agardar a mañá para poder gozar deste contido descargable) o contido titulado El Puñal de Dunwall, que engade unha nova aventura a Dishonored, permitindo ao xogador tomar o papel de Daud, o lendario asasino que matou á emperatriz, que neste segundo paquete de expansión ofrece unha nova perspectiva con respecto a Daud, así como acceso ás súas armas, trebellos, aliados e poderes sobrenaturais.
Nesta nova historia do xogo desenvolvido por Arkane Studios teremos que Daud, tras asasinar á Emperatriz, buscará a redención, tendo que superar novos retos e explorar zonas de Dunwal inéditas. As decisións que se tomen nesta empresa definiran un camiño de redención ou sumiran a Daud na escuridade. Tras esta segunda expansión de Dishonored chegará unha terceira que porá fin ao arco argumental de Daud.


Trailer do novo DLC para Dishonored

PUBLICIDADE