Disco duro que funciona coma servidor de vÃdeo
luns, 28 de abril do 2008
Planex está a
vender no Xapón un tipo de disco duro en rede que pode resultar de grande
utilidade para uso doméstico pois funciona a xeito de servidor
de vÃdeos en distintos formatos. O DigiJuke
se vende en dous modelos, un básico, cun disco duro de 500 Gb e un prezo de
34.80 iens (213,08 euros) e outro con 1 Tb e capacidade grazas a 2 discos de
500 Gb que se vende a 54.799 iens (334,99 euros). Este disco se conecta
directamente á rede local (mediante a súa toma Gigabit Ethernet) e pode
descargar contidos da rede BitTorrent e mesmo de YouTube, permitindo entregalos
para PSP e iPod (MPEG-4), Nintendo Wii (FLV) ou televisión (MPEG-2).
Este disco duro pode enviar audio e vÃdeo a equipos informáticos con iTunes,
Xbox 360 e outros dispositivos que soporten servidores multimedia. A súa
capacidade se pode amplicar mediante unha toma USB.
Os dous modelos de disco teñen un alto de 18,8 centÃmetros e un fondo de 16,5
centÃmetros, mentres que o
seu ancho e de 5 e 7,7 centÃmetros para 500 Gb e 1 Tb de capacidade
respectivamente.