Disco duro externo con USB 2.0 e eSATA

xoves, 26 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Trekstor presentou esta semana un novo disco duro externo de 2,5 polgadas, o DataStation pocket q.ue, cun nome moi peculiar e que se venderá en capacidades de 250, 320 e 500 Gb a prezos de 120, 130 e 180 euros respectivamente, aínda que o máis rechamante é que, aparte de conexión USB 2.0, tamén conta cun conector eSATA, o que permite unha velocidade de transferencia elevada en equipos que conten con este tipo de conexión.
O disco duro externo ten baixo consumo (non precisa de subministro eléctrico externo), está optimizado para unha boa disipación de calor, é compatible con Windows 2000/XP/Vista, Mac OS X e Linux, ten capacidade de arranque e inclúe un estoxo de transporte.
Resulta moi axeitado para equipos con limitada capacidade de disco, para portátiles e incluso para a función de copias de seguridade de Mac OS X 10.5 (Time Machine) pois é compatible co sistema de ficheiros HFS+.

PUBLICIDADE