Disco duro con forma de libro

mércores, 14 de maio do 2008 Marcus Fernández

A proliferación de ordenadores portátiles provocou tamén a popularización de discos duros externos, polo que cada día é máis normal ver coma os usuarios reparten os seus contidos en distintos disco duros USB, o que non resulta especialmente estético, polo que Sarotech lanzou os seus discos Wizplat W-31UA que destacan por unha aparencia externa semellante á dun libro, polo que a súa colocación nun escritorio ou nun estante resulta máis discreta.
Estes discos duros miden 200 x 159,5 x 40 milímetros e as unidades no seu interior son SATA de 3,5 polgadas. O seu prezo de venda en Corea do Sur é de 121.000 wons (75,56 euros) na súa versión de 320 Gb e de 315.000 wons (194,12 euros) para o modelo de 1 Tb, polo que o seu atractivo non parece rifado co seu prezo, aínda que só queda agardar a que se venda internacionalmente.

PUBLICIDADE