Digochiño estrea canle en YouTube Kids

mércores, 22 de marzo do 2023 Marcus Fernández

Tras a estrea da páxina web oficial de Digochiño, o raposo azul e branco que acompaña a Esther Estévez animando aos máis pequenos da casa a falar en galego na pantalla da Televisión de Galicia amplía os xeitos de achegarse á rapazada e leva os seus contidos a YouTube Kids, a plataforma de vídeos de YouTube que escolma os contidos de xeito que os proxenitores poidan confiar na súa seguridade en función de perfís de usuario con límites de idade que poidan definir nos dispositivos dende os que accedan os seus cativos.
Digochiño, a mascota do #DígochoEu, está a ter grande éxito nas redes sociais da iniciativa de fomento do galego da CRTVG, superando os 2,2 millóns de reproducións en TikTok e con centos de milleiros de reproducións en Instagram.

PUBLICIDADE