Digi permite contratar almacenamento na nube aos seus clientes de fibra

martes, 21 de marzo do 2023 Marcus Fernández

O operador Digi ofrece aos seus clientes de fibra, sen custo adicional, 50 GB de almacenamento na nube para poder gardar fotografías, vídeos, documentos ou música dun xeito seguro e rápido, estando dispoñible o servizo tanto vía web como a través de aplicacións móbiles para iOS e Android.
Pero o servizo Digi Storage non se limita a unha oferta de balde, senón que tamén conta con opcións de pagamento para os usuarios que precisan maior capacidade de almacenamento, e así ofrecen agora 300 Gb por 2 euros/mes e 1 TB por 4 euros/mes.
Digi Storage funciona dun xeito áxil e seguro, conta con opcións de sincronización automática, facilita compartir cartafoles e arquivos con outras persoas (aínda que non sexan usuarias do servizo) e incluso pode conectarse con outras plataformas de almacenamento na nube (Dropbox, OneDrive, Google Drive...) para facer máis doado acceder a toda a información do usuario dende un único lugar.

PUBLICIDADE