Difúndense máis detalles sobre Guitar Hero: Aerosmith

xoves, 29 de maio do 2008 Marcus Fernández

O vindeiro 27 de xuño chegará a España o xogo Guitar Hero: Aerosmith para Wii, PS2, PS3 e Xbox 360, de xeito que a música da banda de Steve Tyler soará con forza en bastantes plataformas de xogo. Xa sabemos o prezo das distintas versións, que será de 69,95 euros na súa edición básica para as consolas de nova xeración (só 39,95 euros no caso da PS2) e de 99,95 acompañado por unha guitarra sen fíos para Xbox 360 e PS3, mentres que para PS2 se venderá unha versión co 2 guitarras con cable por 89,95 euros.

Marshall botando unha partida a Guitar Hero: Aerosmith en Cómo conocí a vuestra madre

Habería que destacar que Aerosmith chegou a un acordo con Activision para ter a exclusiva dos seus temas musicais, polo que nin Rock Band nin Rock Revolution incluirán cancións da banda, pero aí non queda a cousa, senón que para facer máis atractivo o novo xogo tamén se anunciou que o novo xogo poderían non incluír só temas de Aerosmith, de xeito que grupos coma The Kinks, Cheap Trick, Mott the Hoople, Joan Jett, Lenny Kravitz, The White Stripes e Deep Purple tamén poderían xogar un importante papel.
Como curiosidade, podemos comentar que na emisión norteamericana da serie de televisión Cómo conocí a vuestra madre se puido ver a un dos seus protagonistas xogando ao Guitar Hero: Aerosmith xa que a guitarra que presenta leva a cuberta especial desta versión. Estas promocións son habituais, pero sorprende que se fagan antes do propio lanzamento do xogo.

Trailer do xogo

PUBLICIDADE