Devolo lanza unha cámara de vixilancia con conectividade PLC

martes, 30 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Para vixiar o fogar durante a nosa ausencia existen numerosas solucións como o novo dLAN LiveCam Starter Kit, que consiste nunha cámara para uso privado que conéctase á Internet a través de tecnoloxía PLC, de xeito que non precisa de máis cables que unha toma de corrente, podendo logo monitorizar as imaxes captadas pola cámara dende aplicacións móbiles para Android e iOS sen complicadas instalacións.
Este paquete inclúe unha cámara dLAN LiveCam e un adaptador dLAN 200 AVduo, que encárgase de recibir o seu sinal, e que podemos conectar ao noso router doméstico para facilitar o acceso ás imaxes da cámara dende calquera punto da Internet.
As imaxes transmitidas pola cámara teñen unha resolución de 640 x 480 píxeles e unha frecuencia de 20 fotogramas por segundo; conta con visión nocturna; e o seu prezo de venda é de 129 euros.

JPEG - 103 KB
Pódese acceder á cámara remotamente dende smartphones e tablets

PUBLICIDADE