Deus Ex GO chega a iOS e Android

xoves, 18 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Dende Square Enix atoparon un curioso xeito de levar as súas franquías de consola a dispositivos móbiles: a través de xogos de quebracabezas. E tras o éxito de Lara Croft GO e Hitman GO, estrean Deus Ex GO, xogo que mestura infiltración por quendas e quebracabezas dentro do universo de Deus Ex, de xeito que adoptaremos o rol do axente dobre Adam Jensen e utilizaremos as nosas habilidades de pirateo, combate e aumentos para resolver os retos típicos destes xogos co sufixo GO.
O xogo pódese mercar xa por 4,99 euros na App Store e en Google Play, estando adapta tanto para smartphones como para tabletas, e achega máis de 50 niveis de historia desafiantes, novos quebracabezas cada día da semana, variedade de inimigos, un contorno manipulable para superar os retos e, para deixar claro que estamos ante un xogo da franquía de Deus Ex, a necesidade de empregar os aumentos de Adam Jensen para superar algún dos quebracabezas.

Tráiler de presentación de Deus Ex GO

PUBLICIDADE