Deteñen aos responsables dunha rede de ordenadores zombi
mércores, 3 de marzo do 2010
A Garda Civil en
colaboración co FBI e Panda Security desmantelou a rede de ordenadores zombi coñecida coma Mariposa (Bolboreta) que
estaba formada por uns 12,7 millóns de equipos infectados por troianos a través
dos que captaran información persoal e bancaria de máis de 800.000 usuarios de
todo o mundo, afectando a 500 empresas e máis de 40 entidades bancarias. Esta
rede de equipos controlados remotamente sen coñecemento dos seus usuarios
estarÃa a ser controlada
por 3 españois sitos en Balmaseda (Biscaia), Molina de Segura (Murcia) e
Santiago de Compostela (A Coruña), que foron detidos, aÃnda que
dende o Grupo de Delitos Telemáticos
da Garda Civil aseguran que non foron os creadores desta botnet, senón que adquirÃrona no mercado
negro.
A rede zombi foi desmantelada o
pasado 23 de decembro, pero grazas á colaboración dos responsables dalgúns
servizos en liña e polo intento de que un dos sospeitosos intentase retomar o
control da rede Mariposa tras a súa
clausura facilitou as investigacións que deu coa detención dos supostos
responsables da explotación desta rede de equipos escravos.
Os
equipos infectados remitÃan as súas chaves de rexistro e todas as pulsacións de
teclado que facÃase nos mesmos para que estivesen dispoñibles para
os responsables da botnet,
información que servÃa para facer cartos.