Detectan un importante fallo no Tomb Raider: Underworld para Wii

mércores, 26 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Algún usuarios da versión para Wii do Tomb Raider: Underworld detectaron un fallo no xogo que fai que chegados a un punto determinado non poidan continuar a aventura xa que desaparece do escenario unha panca horizontal que hai que accionar para poder continuar avanzando na fase sita en Tailandia.
Dende Eidos ofrecen como solución unha partida gravada que se pode cargar mediante unha tarxeta SD na Wii, o que non deixa de ser unha solución un tanto chapuceira, especialmente se temos en conta que en incidentes semellantes acontecidos con anterioridade en xogos de Wii se substituíu a copia por outra sen o fallo detectado.


Recreación do punto conflitivo do xogo sen o fallo detectado

PUBLICIDADE