Detectan malware instalado de fábrica nun smartphone chinés
martes, 17 de xuño do 2014
A
compañÃa de seguridade informática xermana G DATA Software AG sorprendeu
anunciando un descubrimento realmente rechamante: detectaron
malware nun smartphone de fabricación
chinesa instalado de fábrica no dispositivo como unha aplicación disfrazada de tenda da aplicacións de Google
Play. Este spyware correrÃa en
segundo plano, sendo imperceptible para o usuario, pero que mandarÃa
información persoal a un servidor localizado en China, dende onde serÃa posible
instalar de xeito inadvertido outras aplicacións, de xeito que supón un grande
perigo, xa que servirÃa para roubar datos persoais, interceptar chamadas e
información bancaria ou incluso acceder ao micrófono e á cámara do trebello de
xeito remoto.
O móbil afectado serÃa o Star N9500, considerado como un clon do Samsung Galaxy S 4 cun prezo moi inferior (é posible
atopalo en Europa por prezos que van entre os 130 e os 165 euros). Dende G DATA
detallan que o malware incluÃdo no
dispositivo serÃa o troiano Android.Trojan.Uupay.D, que non só serÃa invisible
para o usuario e non poderÃa desactivarse, senón que tamén bloquea a
instalación de actualizacións de seguridade, polo que os usuarios que teñan a
mala sorte de contar cun destes terminais infectados deberÃan devolvelo.
Dende G DATA tamén desconfÃan de que o reducido prezo do smartphone (que
distribúese con numerosos accesorios como cargador para o automóbil, segunda
baterÃa e segundo protector de pantalla) poderÃa ser un reclamo para captar
usuarios aos que roubar os seus datos para a súa venda, polo que chaman á
prudencia á hora de mercar certos produtos a través da Internet, especialmente ante
os problemas que pode provocarnos a vulneración da seguridade do noso
smartphone.
- O N9500 é un clon chinés do Samsung Galaxy S 4