Detalles sobre as múltiples versións de FIFA 09

mércores, 9 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Para o outono chegará o agardado FIFA 09 a distintas plataformas de xogo, pero xa se coñecen moitos detalles do que posiblemente sexa o título que sente as bases dos simuladores de fútbol para os vindeiros anos. Así, as versións para Xbox 360 e PS3 contarán con máis de 250 características novas, mellorando a estrutura básica do xogo, aínda que o que notarán máis os usuarios nun primeiro momento será o motor gráfico mellorado que presentará uns detalles realmente destacables (engadindo realismo ás cargas legais entre xogadores, aos choques de ombro contra ombro ou ás loitas polo balón).
A nivel táctico o xogo tamén destaca por permitir cambiar de estratexia e de posicións en calquera momento do xogo. Tamén contaremos coa posibilidade de elixir a un xogador (ou crear un propio) para melloralo durante 4 tempadas para convertelo nunha lenda do balón.
A versión de PC estreará un motor gráfico que fará que esta versión do xogo non teña nada que envexar ás consolas de alta definición, mentres que para Wii deixarase un pouco de lado as pocións de simulador e tenderase a un xogo máis divertido e para un público casual (tirando máis proveito do sistema de control da Wii e menos duns gráficos coidados).
As versións para as consolas portátiles Nintendo DS e PSP permanecerán continuarán a liña de versións anteriores (aínda que incorporando o modo Convértete en Profesional, e dende EA Sports tampouco queren dicir aínda adeus á PlayStation 2, polo que a versión para a veterana consola mellorará anteriores entregas.
Pouco máis se pode dicir deste prometedor título, do que xa se filtrou un vídeo de baixa calidade no que nos podemos facer unha idea do que nos agardará en FIFA 09:

PUBLICIDADE