Detallan os xogos que chegan estes días a Game Pass

venres, 27 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

No Developers_Direct anunciouse o xogo Hi-Fi RUSH, que xa está dispoñible no Game Pass, converténdose no primeiro dunha serie de novidades no servizo de subscrición de Microsoft que resultan bastante atractivas, deixando claro que durante un par de semanas será complicado elixir a que xogar.
Tras a estrea de Hi-Fi RUSH o día 26 de xaneiro chega o clásico GoldenEye 007 a consolas e a nube; o 30 de xaneiro chega a consolas Roboquest (Game Preview); e o 31 de xaneiro serán tres os títulos que se incorporan ao Game Pass: Age of Empires II: Definitive Edition, Inkulinati (Game Preview); e Jojo’s Bizarre Adventure All-Star Battle R.
O 2 de febreiro chegará ao Game Pass Darkest Dungeon, mentres que o mesmo día, a través de EA Play, teremos Grid Legends como xogo na nube.
E para completar a listaxe de xogos que teremos en breve en Game Pass concretan que Hot Wheels Unleashed – Game of the Year Edition chegará o 7 de xaneiro en versións para consola, PC e nube.

PUBLICIDADE