Detallan como será a edición limitada de The Beatles: Rock Band

martes, 14 de abril do 2009 Marcus Fernández

Moitos afeccionados aos Beatles posiblemente xa teñan apuntado na súa axenda o 9 de setembro como a data na que sairá o xogo The Beatles: Rock Band (para PS3, Xbox 360 e Wii), e para ir quentando motores xa anuncian cómo será a súa edición especial limitada, que incluiría, aparte do xogo, unha réplica do baixo Höfner co que tocaba Paul McCartney, unha batería Ludwig con acabados nacarados, un pedal metálico, unha réplica do bombo estilo vintage, un micrófono co pé incluído e contido especial adicional, o que será todo un soño feito realidade para os beatlemaníacos.
Confírmase así que esta edición de Rock Band será no especial no que a instrumentos se refire, aínda que tamén hai que advertir aos interesados de que o prezo deste conxunto podería ser bastante elevado, pois os instrumentos para o primeiro Rock Band custan actualmente 109,90 euros aos que habería que engadir o prezo do xogo (entre 39,95 e 59,95 euros no caso do Rock Band 2).

O editor do xogo remitiu unha nota detallando esta edición especial

PUBLICIDADE