Desvelan que a MPAA esaxera as cantidades pactadas con páxinas web de descargas por infracción de copyright
venres, 26 de decembro do 2014
Hai pouco máis dun ano o servizo de almacenamento en liña
Hotfile dicÃa adeus definitivamente, por culpa de infrinxir o copyright, anunciándose no seu momento
que a empresa chegara a un acordo coa Motion Picture Association of America
(MPAA) polo que terÃa que pagar 80 millóns de dólares e pechar o servizo (agás
que implantase sistemas de filtro de copyright)
pero agora dan conta de que este anuncio foi unha operación propagandÃstica
para impresionar ao público, e a
contÃa que aceptou pagar Hotfile era moi inferior: 4 millóns de dólares.
Hotfile poderÃa ter continuado as súas actividades se actuase proactivamente
contra a publicación incontrolada de contidos protexidos, pero finalmente non
deberon considerar que pagase a pena manter o servizo baixo tales condicións.
O acordo entre Hotfile e Sony terÃase acadado unha semana antes a que a causa
chegase aos tribunais, e aÃnda que aos medios de comunicación informouse de que
a cantidade en compensación que a empresa pagarÃa serÃa de 80 millóns de
dólares, terÃase acordado o pagamento de 4 millóns de dólares en tres
pagamentos dos que tampouco hai evidencias de que se fixesen efectivos, o que
fai pór en dúbida que outros anuncios de acordos semellantes (como os 110 millóns de
dólares que pagarÃa a actualmente activa Isohunt) sexan verÃdicos, sendo
moi probable que as cantidades pactadas fosen moi inferiores para intimidar a
outras compañÃas que faciliten as descargas irregulares a través da Rede.