Desvelan os primeiros temas musicais que incluirá Singstar MegaHits

martes, 16 de setembro do 2014 Marcus Fernández

No outono os usuarios de consolas PlayStation 3 e PlayStation 4 poderán gozar dun novo xogo de karaoke, Singstar MegaHits, que contará con 25 éxitos musicais en español e 5 en inglés de artistas como David Bisbal, Malú, Raphael, Pharrell Williams, Lady Gaga ou Carly Rae Jepsen, e que destacará polo feito de que a través dunha aplicación descargable de balde que permitirá que smartphones poidan facer a función de micrófonos para o xogo (o que resultará especialmente útil cando se xunte un bo grupo de amigos ao redor da consola).
Para ir quecendo os motores de cara a este importante lanzamento, dende Sony dan conta da metade das cancións que incluirá este éxito seguro na campaña de Nadal:
· Carly Rae Jepsen – Call me baby
· Dani Martín- Emocional
· David Bisbal – Diez mil maneras
· Fangoria – Retorciendo Palabras
· Hombres G – Voy a pasarmelo bien
· Icona Pop – I love it
· Juan Magan – Mal de amores
· Lady Gaga – Born this way
· Malú – Me Fui
· Melendi – Lágrimas desordenadas
· Merche – Cal Y Arena
· Demi Lovato – Let it Go
· Pablo Alboran – Tanto
· Pharrell Williams – Happy
· Raphael – Mi gran noche


Trailer do novo Singstar

PUBLICIDADE