Desvelan os 50 xogos que incluirá a PC Engine mini

venres, 12 de xullo do 2019 Marcus Fernández

O anuncio de que a consola PC Engine ía contar cunha versión mini foi toda unha sorpresa, xa que estamos ante unha máquina que non conseguiu callar no mercado no seu día, especialmente en España, a onde chegaron poucas unidades a preto de 3 anos do lanzamento nipón, pero agora que se preparan esta versión miniaturizada que podemos considerar conmemorativa, de seguro que moitos comezar a respectar o boa que foi a consola clásica e o potente que era o seu catálogo.
A PC Engine Core Grafx mini chegará ao mercado o 19 de marzo de 2020 cun tamaño de só 120 x 115 x 35 milímetros, incluíndo un mando, un cable de carga USB e un cable HDMI para conectar ao televisor e poder gozar da súa imaxe a 720p ou 480p (podendo activar efectos para simular que estamos a xogar nun televisor de tubo).
O catálogo de xogos que incluirá esta nova consola mini será moi competo, combinando 24 títulos en inglés (Air Zonk, Alien Crush, Blazing Lazers, Bomberman ‘93, Bonk’s Revenge, Cadash, Chew-Man-Fu, Dungeon Explorer, J.J. & Jeff, Lords Of Thunder, Military Madness, Moto Roader, Neutopia, Neutopia II, New Adventure Island, Ninjaspirit, Parasol Stars, Power Golf, Psychosis, R-Type, Soldier Blade, Space Harrier, Victory Run e Ys Book I&II) con 26 títulos en xaponés (Castlevania: Rondo Of Blood, Aldynes, Appare! Gateball, Bomberman ‘94, Bomberman Panic Bomber, Chō Aniki, Ghouls ‘N’ Ghosts, Dungeon Explorer, Fantasy Zone, Ginga Fukei Densetsu Sapphire, Nemesis, Nemesis II, Jaseiken Necromancer, Military Madness, Neutopia, Neutopia II, Ninja Gaiden, Bonk, Salamander, Snatcher, Fantasy Star Soldier, Super Darius, Super Momotarō Dentetsu II, Super Star Soldier, China Warrior e Ys I&II), que demostran que a PC Engine contaba con boa parte dos mellores xogos do seu momento.
A nova consola mini tamén incluirá funcionalidades moi de agradecer como a función de gardado rápido (para poder deixar de xogar e retomar a partida no momento exacto no que se abandonou) e incluso permitir xogar até a 5 xogadores á vez en local tirando proveito dun accesorio coñecido como Multitap.

JPEG - 155.8 KB
Castlevania: Rondo of Blood é un dos xogos en xaponés que incluirá a PC Engine mini

Vídeo de presentación dos xogos que incluirá a PC Engine Core Grafx mini

PUBLICIDADE