Desvelan os 15 xogadores clásicos que aparecerán en NBA 2K12

venres, 19 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Nos encontros clásicos poderemos participar no enfrontamento de estrelas como Scottie Pippen e Shawn Kemp

2K Sports anunciou o elenco de estrelas que estarán dispoñibles no modo NBA’s Greatest do agardado xogo NBA 2K12, permitindo que os usuarios tomen o papel de grandes figuras como Michael Jordan, Larry Bird ou o Dr. J rememorando encontros clásicos que están impresos na memoria dos grandes amantes da NBA.
Os 15 grandes xogadores que estarán no modo NBA’s Greatest están recreados con grande detalle, pero non só o seu corpo e os seus movementos estarán ben reflectidos, senón que tamén procurarase recrear a canchas súas épocas, os uniformes dos seus equipos e mesmo os estilos de retransmisións televisivas de cadansúa época.

Michael Jordan volverá a estar presente na edición deste ano do xogo de 2K Sports

A relación de xogadores estrela deste xogo é moi completa, estando composta por Kareem Abdul-Jabbar, Larry Bird, Wilt Chamberlain, Julius Erving, Patrick Ewing, Magic Johnson, Michael Jordan, Karl Malone, Hakeem Olajuwon, Scottie Pippen, Oscar Robertson, Bill Russell, John Stockton, Isiah Thomas e Jerry West, e os partidos que rememorarán serán os seguintes:
- 1964-65 Boston Celtics (Russell) vs. Los Angeles Lakers
- 1970-71 Milwaukee Bucks (Robertson) vs. Lakers
- 1970-71 Lakers (West) vs. Atlanta Hawks
- 1971-72 Lakers (Chamberlain) vs. Knicks
- 1984-1985 Philadelphia 76ers (Erving) vs. Bucks
- 1985-86 Celtics (Bird) vs. Hawks
- 1986-87 Lakers (Kareem) vs. Celtics
- 1988-1989 Detroit Pistons (Thomas) vs. Bulls
- 1990-91 Lakers (Johnson) vs. Portland Trail Blazers
- 1992-1993 Bulls (Jordan) vs. Charlotte Hornets
- 1993-1994 Houston Rockets (Olajuwon) vs. Denver Nuggets
- 1994-1995 Knicks (Ewing) vs. Orlando Magic
- 1995-1996 Bulls (Pippen) vs. Seattle Supersonics
- 1997-1998 Utah Jazz (Stockton) vs. Lakers
- 1997-1998 Jazz (Malone) vs. San Antonio Spurs
O xogo estará dispoñible a partir do 7 de outubro para PlayStation 3, PlayStation 2, Xbox 360, Wii, PSP e Windows PC.

¿Será o xogador capaz de superar os 100 puntos que Wilt Chamberlain conseguiu anotar nun partido?

PUBLICIDADE