Desvelan boa parte do repertorio musical de Guitar Hero Live
mércores, 13 de maio do 2015
Este ano volveremos a gozar da franquÃa musical de Guitar Hero, que en contraste coa liña
continuista de Rock Band, incorporará
cambios como un novo deseño de guitarra e un modo de xogo no que viviremos os
concertos en primeira persoa. Para ir creando expectación están xa a desvelar a
listaxe de temas musicais
que incluirá Guitar Hero Live, na que
destacan temas como o Breaking the Law
de Judas Priest, Higher Ground dos
Red Hot Chili Peppers ou Chop Suey! De
System of a Down, correspondentes a artistas que non se desvelaran até o
momento, mentres que de artistas anunciados van detallando os temas que se
incluirán no xogo, como Paint It Black
dos Rolling Stones ou Na Na Na de My
Chemical Romance.
ConfÃrmanse tamén os seguintes temas musicais:
-Pantera - Cowboys From Hell
-Alter Bridge - Cry of Achilles
-Rage Against the Machine - Guerrilla Radio
-Sleigh Bells - Bitter Rivals
-Black Veil Brides - In The End
-The Pretty Reckless - Going to Hell
-Broken Bells - Leave it Alone
-Alt-J - Left Hand Free
-Fall Out Boy - My Songs Know What You Did in the Dark (Light Em Up)
-Green Day - Nuclear Family
-Pierce the Veil - King for a Day (feat. Kellin Quinn)
-Blitz Kids - Sometimes
-The Black Keys - Gold on the Ceiling
-The Killers - When You Were Young
-Gary Clark Jr. - Don’t Owe You a Thang
-The War on Drugs - Under The Pressure
-The Lumineers - Ho Hey
-Ed Sheeran - Sing
-Skrillex - Bangarang
AÃnda que non se anunciou aÃnda a data de lanzamento oficial
do xogo, polo momento sabemos que chegará a Xbox One, Xbox 360, PS4, PS3 e Wii
U e xa é
posible realizar a súa reserva na edición que inclúe a nova guitarra para a
consola correspondente por un prezo que estarÃa entre os 94,95 e os 104,95
euros.
- O xogo estreará un novo modelo de guitarra para a consola de videoxogos