Desvelan a relación de Xogos con Gold de novembro
xoves, 26 de outubro do 2017
Parece que a oferta de Xogos con Gold continúa frouxa, e
pouco hai que destacar dos xogos que se incluirán aos subscritores de Xbox LIVE
Gold no mes de novembro, xa que ningún dos catro tÃtulos foi un supervendas,
aÃnda que si que algún dos xogos ten o seu encanto.
Primeiro temos que o 1 de novembro chegará aos usuarios de Xbox One o xogo Trackmania
Turbo¸ xogo de condución arcade con numerosas pistas que percorrer que
incluso permite deseñar as nosas propias pistas ou xeralas aleatoriamente,
conseguindo asà unha diversión máis duradeira.
A partires do 16 de novembro o
xogo de Xbox One que estará dispoñible será Tales
from the Borderlands, tÃtulo de Telltale Games baseado na franquÃa de Borderlands que reparte unha aventura en
5 episodios.
Para Xbox 360 (con retrocompatibilidade con Xbox One) chegará primeiro Nights into Dreams... durante a
primeira metade do mes, mentres que na segunda metade será o Deadfall
Adventures o tÃtulo dispoñible. Desta volta é especialmente reseñable NiGHTS, por ser un remake dun clásico de Saturn, de xeito que estariamos ante un xogo
que agradecerán especialmente os amantes das consolas retro.
- NiGHTS permÃtenos recuperar un xogo nacido na malograda consola SEGA Saturn.
VÃdeo promocional dos Xogos con Gold de novembro