Destiny anuncia o seu derradeiro capítulo e confirma a súa secuela

luns, 27 de marzo do 2017 Marcus Fernández

Bungie e Activision anunciaron que o vindeiro 28 de marzo chegará Destiny: Era de Triunfo, a derradeira expansión de Destiny, pero non porque teñan pechado a porta a este rico mundo de épicas batallas e moita acción, senón porque hoxe mesmo confirmaron algo que era un segredo a voces: están a ultimar Destiny 2.
O novo xogo rumoréase que chegaría o vindeiro 8 de setembro, de feito que afastaríase dabondo da campaña de Nadal como para conseguir captar bastante atención e non sucumbir ante outros títulos de xéneros semellantes. Pero a espera non se fará moi longa grazas a este derradeiro DLC da primeira entrega desta saga, que contén novos desafíos que superar para conseguir emblemas e recuperar elementos conmemorativos do pasado de Destiny. Unha grande despedida tras a que abrirase un novo capítulo do que confíase en saber novos detalles nos vindeiros días.

Tráiler de lanzamento do derradeiro DLC de Destiny

PUBLICIDADE