Despois do verán abrirase a primeira convocatoria dos Hubs de Innovación Dixital que promoverá a Xunta
luns, 16 de xullo do 2018
O conselleiro de EconomÃa, Emprego e Industria, Francisco
Conde, sinalou hoxe nunha xornada celebrada en Santiago de Compostela que a
Xunta vai impulsar a posta en marcha de Hubs de Innovación Dixital como
punto de encontro entre a empresa, a investigación e o financiamento. Despois
do verán realizarase a primeira convocatoria, baixo concorrencia competitiva,
para identificar os Hubs que todos os axentes do sistema innovador queren
impulsar en Galicia.
A través da fórmula dos Hubs de Innovación Dixital, a
Administración autonómica busca cohesionar a todos os axentes en torno a
sectores estratéxicos, para incentivar a colaboración entre eles e que iso dea
lugar a novos proxectos conxuntos, de carácter novidoso e con capacidade para
posicionar a innovación galega en Europa.
O obxectivo é que centros de coñecemento e empresas poidan
desenvolver unha estratexia de colaboración firme, buscar os socios axeitados,
establecer canles de comunicación, aliñar procesos e responder de forma
flexible ás demandas do mercado e da sociedade. AsÃ, os Hubs permitirán un
mellor rendemento de todas as capacidades do sistema de innovación galego,
facilitando o acceso das empresas ás oportunidades existentes no sector
tecnolóxico. Neste sentido, o conselleiro sinalou que a Xunta xa mantivo
encontros con 65 axentes de todo o ecosistema de innovación galego para avanzar
no desenvolvemento dos Hubs.
Conde, que participou nun encontro sobre estratexias de
apoio á Industria 4.0, incidiu na importancia da innovación colaborativa, converxendo
empresas, centros de coñecemento e Administración, para impulsar a I+D+i e
potenciar o desenvolvemento da nova revolución industrial. Sinalou neste
sentido que a cooperación entre todos os axentes é a mellor fórmula para
activar todos os resortes que compoñen o ecosistema de innovación, e aliñalos
coas necesidades do tecido produtivo.
O reto é que a industria se sume á dinámica do
descubrimento, que move o traballo dos centros tecnolóxicos e de innovación.
Ese é precisamente o obxectivo do Plan Galicia Innova 2020, cun investimento
público-privado de 1775 millóns de euros, para propiciar esa conexión entre o
ámbito cientÃfico-tecnolóxico e a empresa.
Esta nova folla de ruta permitirá seguir fomentando o
esforzo compartido que ten permitido que Galicia estea incrementando o gasto en
I+D per cápita, o persoal contratado
e o número de investigadores por cada 1000 ocupados. Ademais, a comunidade
estase consolidando como a sexta en solicitudes de patentes.
Estes datos deixan de manifesto que a innovación e a
tecnoloxÃa se atopan nun punto de inflexión sen precedentes que desembocará nun
aumento da produtividade e nun maior crecemento económico. Apuntou Conde que a
Industria 4.0 obriga ás empresas a pensar en como os mundos en liña e fóra de
liña traballan xuntos na práctica, subliñando que o primeiro obxectivo dos hubs será precisamente axudar as
empresas a integrar ese mundo online a través de proxectos de innovación
punteiros.