Descontos dobres na PlayStation Store para os subscritores de PS Plus

mércores, 8 de marzo do 2017 Marcus Fernández

Os usuarios de PlayStation 4 que estean subscritos a PlayStation Plus teñen até o 22 de marzo unha atractiva oferta na PlayStation Store que consiste en ter o dobre de aforro na compra de xogos dixitais, de xeito que un usuario ordinario pode gozar de descontos de até o 35%, mentres que os subscritores de PS Plus gozarán de descontos de até o 70%.
Os xogos incluídos nesta oferta son moi diversos, resultando especialmente salientables cos casos de The Witcher 3: Wild Hunt (á venda por só 17,99 euros), Deus Ex: Mankind Divided (por 19,59 euros), Fallout 4 (por 19,03 euros), XCOM 2 (por 24,99 euros), Mad Max (por 18,19 euros), Batman: Return to Arkham (por 19,99 euros) ou Asetto Corsa (19,99 euros). Estamos así ante unha excelente ocasión para ampliar a colección de xogos para PS4 a un prezo bastante axustado para non estarmos ante un tradicional período de rebaixas.
Adicionalmente esta semana tamén está de oferta a primeira tempada completa de Hitman, que ofrécese á metade de prezo, o que agradecerán os seareiros das aventuras do axente 47 que aínda non se animasen a facerse con esta completa entrega episódica.

Hitman está de oferta durante unha semana

PUBLICIDADE