Dende o outono poderá gozarse de Star Wars: The Old Republic en Free-to-play

mércores, 1 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Hai menos dun mes Star Wars: The Old Republic pasou a ser de balde ata o seu nivel 15, iniciativa coa que pretendían atraer a máis usuarios a este xogo masivo en liña baseado nas subscricións de pagamento, pero tal medida non parece estar a ser efectiva, e así, ao igual que en maio anunciaron que o número de subscritores caeu de 1,7 millóns a 1,3 millóns, dende Electronic Arts teñen que recoñecer agora que caeu por debaixo do millón de subscritores, o que os leva a reaccionar severamente, de xeito que no outono, aparte das súas modalidades de subscrición, estrearán un modo Free-to-play, que permitirá acceder aos primeiros 50 niveis do xogo de balde, pero con algunhas limitacións para acceder a novos contidos e características avanzadas que poderán desbloquearse mediante unha moeda virtual (Cartel Coins).
Para potenciar a venda do xogo tamén volverán a distribuír copias físicas do mesmo este mes a un prezo de 14,99 dólares, incluíndo 1 mes de subscrición. Os usuarios de pagamento tamén veranse recompensados pola súa fidelidade, de xeito que recibirán 150 Cartel Coins por cada mes que tiveran contratado ata agora e 200 Cartel Coins dende agora ata o lanzamento do modo Free-to-play. Quen adquirise a Edición de Coleccionista do xogo tamén adquirirá 1.000 Cartel Coins adicionais.

PUBLICIDADE