Dende esta semana DC Universe Online pode xogarse de balde

xoves, 3 de novembro do 2011 Marcus Fernández

O xogo DC Universe Online estreou onte na PlayStation Network a súa edición free-to-play, que hoxe tamén estreou versión para PC, de xeito que este título masivo multi xogador pode agora gozarse de balde, aínda que continuará a ser posible pagar certas cantidades para gozar de distintos niveis de acceso ao xogo: Free, Premium e Legendary.
Concretamente os novos niveis de DC Universe Online serían como segue:
- Free: os novos xogadores de balde, que terán acceso aos contidos actuais do xogo, coa posibilidade de crear 2 personaxes e unirse a unha liga. Poderán ampliar a súa experiencia en liña mediante contidos descargables de pagamento.
- Premium: todo usuario que gastara un mínimo de 5 dólares, que gozará de maiores niveis nos seus personaxes e outros beneficios. Tamén terán acceso aos contidos descargables de pagamento.
- Legendary: os usuarios que paguen 14,99 dólares/mes poderán acceder ao nivel máximo de opcións e beneficios, así como o acceso a todos os paquetes de contido descargable sen custo adicional.


Trailer da estrea do modelo free-to-play de DC Universe Online

PUBLICIDADE