Demo de Battlestations Pacific para Xbox 360 e PC

xoves, 30 de abril do 2009 Marcus Fernández

O Bazar de Xbox LIVE incorporou hoxe a versión de demostración do xogo Battlestations Pacific, que é a secuela do aclamado Battlestations Midway, e que permite controlar a máis de 100 unidades aéreas, navais e submarinas na ofensiva no Pacífico.
A demo será de balde para usuarios Gold de Xbox LIVE e ocupa 1 Gb de disco duro. Inclúe 1 misións de campaña estadounidense e 2 modos multixogador para xogar de xeito individual contra un bot.
Esta demo tamén sairá para PC, podendo descargarse dende Direct2Drive e Valve Steam.

PUBLICIDADE