Demandan a Fortnite por plaxiar a PUBG
martes, 29 de maio do 2018
O estudio surcoreano PUBG Corp., responsable do xogo PlayerUnknown’s Battlegrounds presentou
unha demanda contra a división coreana de Epic Games ao considerar que o xogo
Fortnite copia ao seu, o que suporÃa
unha infracción de copyright. AÃnda que o sabemos agora, a demanda terÃase
presentado o pasado mes de xaneiro.
Lembremos que PlayerUnknown’s
Battlegrounds (PUBG) foi
considerado como un
dos grandes fenómenos dos videoxogos durante o ano pasado, creando toda unha
febre polo formato battle royale, no
que numerosos xogadores se enfrontan entre si até que só sobrevive un. E aÃnda
que este xénero non é realmente algo totalmente novo, hai que recoñecer que o
xeito no que o desenvolveu PUBG foi
moi atinado, de aà que outros seguisen os seus pasos, sendo difÃcil discernir a
inspiración do plaxio.
No caso de Fortnite, un xogo no que inicialmente
só habÃa que salvar o mundo ante unha
infección zombi, o éxito chegoulle tras incorporarlle un modo de xogo battle royale, que xunto ao feito de que
o tÃtulo é free-to-play, facilitou
que collese o relevo do éxito de PUBG.
AÃnda que o modo de xogo en si mesmo non poderÃa considerarse un plaxio, os
responsables de PUBG vén que Fortnite copiou elementos e parte da
interface de usuario, polo que agora terán que ser os tribunais os que decidan
se hai realmente plaxio, o que semella bastante difÃcil, especialmente se temos
en conta que non cesan de anunciarse lanzamentos de xogos con modo battle royale, dando a entender que
estamos simplemente ante un xénero de xogo.