Dell leva a ultra alta definición a un monitor de 24 polgadas
luns, 2 de decembro do 2013
Tras unha lenta adopción da alta definición nos nosos
fogares, a industria da electrónica de consumo busca levarnos un paso máis
adiante, e quere que deamos o salto ao 4K, de xeito que dobrarÃamos a
resolución actual chegando a ter nas nosas casas a resolución completa do cine
dixital, para o que normalmente temos televisores de grande tamaño (actualmente
podemos atopar no mercado modelos dunhas 80 polgadas), pero a ultra alta
definición tamén pode chegar en formatos pequenos, como demostra o novo monitor
Dell UltraSharp UP2414Q, que logra introducir unha resolución de 3.840 x
2.160 pÃxeles nun panel de só 24 polgadas.
- O novo monitor de Dell goza dunha grande conectividade
Este novo monitor consegue unha definición sen precedentes no seu formato, o
que claramente parece esaxerado para o consumo de contidos multimedia (xa que
tal densidade de pÃxeles é difÃcil de percibir a simple vista) pero pode
resultar de utilidade para tarefas profesionais, como o deseño industrial ou a
edición de vÃdeo.
O Dell UP2414Q presume da tecnoloxÃa PremierColor (conseguindo unha grande precisión
nas cores), ten un ángulo de visión de 178 graos (en vertical e horizontal),
permite un bo axuste da súa inclinación e impresiona pola súa grande
conectividade: 1 conector HDMI, 1 Mini DisplayPort, 1 DisplayPort (1.2a), 1
entrada USB 3.0 que reparte en 4 portos USB 3.0 e 1 lector de tarxetas de
memoria.