Dell Venue 10 7000, un novo convertible para a empresa

xoves, 9 de abril do 2015 Marcus Fernández

Buscando satisfacer a demanda de equipos convertibles dentro do sector empresarial Dell está preparar o novo Venue 10 7000, que porase á venda a finais de mes cun prezo que partirá nos 499 dólares (nos EE.UU.) e de 629 dólares de incluír un teclado retroiluminado que converte a tableta nun ordenador portátil.
Temos así unha tableta de 10 polgadas con Windows 8.1 que destaca por contar cun grande cilindro metálico nun dos seus bordes, que serve para albergar batería e outros elementos, así como para unir a pantalla co mencionado teclado extraíble. O equipo conta cunha pantalla OLED cunha resolución de 2.560 x 1.600 píxeles, funciona cun procesador Atom de catro núcleos, batería de 7.000 mAh (cunha autonomía dunhas 7 horas), e nos seus laterais podemos atopar un porto micro USB, toma de auriculares e unha rañura microSD que permite ampliar a súa capacidade de almacenamento interna até 512 GB. O grosor o Dell Venue 10 7000 é de só 6,2 milímetros e pesa 598 gramos.
Unha das cousas máis salientables deste equipo é que, en vez de contar cunha webcam ordinaria, inclúe a tecnoloxía RealSense de Intel, o que actualmente non tería grande utilidade, pero que sería compatible coa función Windows hello que Microsoft quere instaurar como sistema de identificación en Windows 10.

O Dell Venue 10 7000 pode empregarse como tableta ou portátil

PUBLICIDADE