Dell Studio Hybrid: pequeno pero matón

martes, 29 de xullo do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 36.8 KB
O pequeno equipo de Dell se vende en moitas cores

Dell incorporou á súa oferta de ordenadores o cativo Studio Hybrid, que combina elegancia e reducido tamaño, que nunha carcasa de 196,5 x 71,5 x 211,5 milímetros e só 2,18 quilogramos de peso agocha un equipo cun procesador Intel Core 2 Duo, ata 4 Gb de RAM, ata 320 Gb de disco duro, 5 portos USB 2.0, conexión Gigabit Ethernet, saída de audio dixital e analóxico, saída de vídeo DVI e HDMI e mesmo porto Firewire, polo que o seu tamaño non lle resta prestacións.
O Studio Hybrid é un equipo apto tanto para o escritorio como para o salón doméstico, que se vende en varias cores (e incluso con carcasa de bambú) e tamén presume de ser o equipo máis ecolóxico de Dell, cun consumo de só 1 W en hibernación, 26 W en repouso e 44 W a pleno rendemento.
Estes novos equipos de Dell se poden adquirir a prezos dende 449 euros, podéndoselle engadir distintas opcións, de xeito que nas versións máis avanzadas pode contar con Wi-Fi, sintonizadora de televisión e incluso unidade Blu-ray, convertendo a este mini-ordenador nun equipo sen rivais na súa gama (que deixa en ridículo ao Mac Mini en deseño e prestacións).

PUBLICIDADE