Deixan Facebook dous dos seus principais directivos
venres, 15 de marzo do 2019
- Chris Cox e Mark Zuckerberg
AÃnda que o cadro directivo de Facebook parecese ser moi
sólido e encadrado na liña marcada por Mark Zuckerberg, os últimos cambios na
estratexia da compañÃa non pareceron sentar ben e Zuckerberg tivo que publicar
unha nota aos seus empregados para dar conta
da marcha de dous dos máximos responsables da compañÃa.
A dimisión máis importante serÃa a de Chris Cox, o xefe de produto de Facebook,
que era un dos principais responsables da compañÃa, e aÃnda que Zuckerberg
dedÃcalle boas palabras e viste a súa marcha como unha partida para «facer algo
máis», semella que o xiro de temón que pretende dar a compañÃa non é do agrado
de Cox, quen prefire marchar.
Paralelamente temos que Chris Daniel, director de WhatsApp, tamén deixará a
compañÃa, e neste caso as súas discrepancias con Zuckerberg eran máis públicas.
Estes cambios parecen confirmar que Mark Zuckerberg continúa a exercer o seu
poder en Facebook impoñendo os seus criterios, o que polo momento está a dar bos
resultados económicos, pero non sempre son do agrado nin dos investidores nin
do resto de executivos da compañÃa.