Declaran ilegais en Alemaña os Amazon Dash Buttons
venres, 11 de xaneiro do 2019
Un dos produtos máis curiosos para potenciar o
comercio electrónico, o Amazon Dash Button, que permite que os clientes Premium
de Amazon poidan asociar un produto a un botón fÃsico de xeito que cando se premen
realÃzase un pedido de xeito automático, pensando principalmente na reposición
de produtos do fogar, e que hai
algo máis un par de anos temos dispoñible en España.
AÃnda que este tipo de accesorio ten un uso moi limitado, e non se converteron
na tendencia que moitos poderÃa pensar, constitúen a base dun modelo que
poderÃa ter moita importancia no futuro, xa que a propia Amazon ten unha
plataforma para facilitar esta tecnoloxÃa a terceiros, de xeito que no futuro
poderiamos ver lavalouzas ou lavadoras que puidesen realizar de xeito automático
os pedidos de deterxente, ou impresoras que encargasen novos cartuchos de tinta
antes de que se esgoten os actuais.
Pero estas facilidades non se ven cos mesmos ollos en todo o mundo, e un
xulgado xermano ditaminou que os
botóns Dash de Amazon son ilegais, xa que non achegan a información suficiente
dos produtos pedidos ou o seu prezo, polo que non respectarÃan a lexislación de
consumo. O tribunal considera ilegal que Amazon estableza un procedemento de
compra no que o comprador non poida saber o prezo do que está a mercar durante
a operación, mentres que dende Amazon consideran que a decisión do tribunal
supón un freo á innovación, e sosteñen que os usuarios que empregan os botóns
Dash están a realizar unha decisión informada, e simplemente tiran proveito
dunha experiencia que lles resulta práctica.