Declaración institucional con motivo do DÃa de Internet
venres, 17 de maio do 2019
O 17 de maio celébrase o DÃa Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información, coñecido tamén como o DÃa da Internet, e co gallo desta data tan especial a Xunta de Galicia publica a seguinte declaración institucional:
A innovación
tecnolóxica ten un papel chave á hora de mellorar o desenvolvemento económico,
facilitar a inclusión social e permitir unha mellor protección do medio
ambiente. Por iso, este ano o DÃa de Internet pon de relevo a contribución da
tecnoloxÃa para acelerar a consecución dos 17 Obxectivos para o Desenvolvemento
Sostible da Axenda 2030, que Nacións Unidas presentou en 2015 para construÃr un
mundo mellor.
En liña con este
obxectivo a Xunta vén de lanzar o proceso de elaboración da Estratexia Dixital
de Galicia 2030 para contribuÃr a un
desenvolvemento sostible da Comunidade tanto a nivel económico, como social e
medioambiental.
Con esta nova folla de ruta para a vindeira década o Goberno galego
reafirma o compromiso e aposta polo tecnoloxÃa adquirido en 2009, e que se foi
renovando e reforzando cos diferentes obxectivos marcados nas dúas Axendas
Dixitais de Galicia.
Nun primeiro momento a meta para o ano 2014 era integrar as tecnoloxÃas
da información en todos os ámbitos, acurtar a fenda dixital con Europa e co
conxunto do Estado e sentar as bases da dixitalización dos servizos públicos e
dos diferentes sectores produtivos. Tras este perÃodo, os avances da
transformación dixital marcaron un novo obxectivo para o 2020: articular un
modelo de crecemento vinculado á economÃa dixital que contribuÃse á resolución dos
desafÃos aos que se enfronta Galicia en todas as áreas de desenvolvemento.
Os proxectos tractores impulsados desde a Administración autonómica, en
colaboración co sector tecnolóxico, e o esforzo da sociedade galega para
adaptarse aos cambios conseguiron que esteamos a cumprir boa parte dos
obxectivos marcados.
Agora toca definir a estratexia para o horizonte 2030, nun momento no
que a transformación dixital xa non consiste en adaptarse aos cambios, senón en
xerar o cambio aproveitando o potencial da tecnoloxÃa.
E Galicia quere
posicionarse e aproveitar as tecnoloxÃas dixitais como a intelixencia
artificial, as redes de altas prestacións, a Internet das cousas, a
intelixencia do dato ou a ciberseguridade... para conseguir uns sectores
produtivos máis competitivos que poidan facer fronte aos desafÃos da
globalización; ofrecer solucións as necesidades derivadas do reto demográfico;
contribuÃr a un desenvolvemento máis sostible que protexa o medio ambiente; fomentar a
capacitación
dixital das persoas para que poidan facer fronte aos retos laborais e sociais
derivados da transformación dixital.
En 2009 asumimos que o futuro serÃa dixital. Unha década despois
asumimos novas metas, novos obxectivos mantendo o fin último de que a
tecnoloxÃa contribúa a mellorar a calidade de vida dos galegos.