Decepcionan as vendas do HomePod de Apple
xoves, 12 de abril do 2018
O altofalante conectado de Apple, o HomePod, está a ser un
produto bastante problemático, e aÃnda que se presentou
ao público en xuño de 2017 coa vista posta no seu lanzamento antes do
Nadal, non
conseguiu chegar ao mercado até o pasado mes de febreiro, sendo toda unha
incógnita cando poderá mercarse en mercados como o español, o que contrasta co
feito de que Bloomberg asegura que as
súas vendas non están tan boas como Apple estimaba.
Cómpre lembrar que o
HomePod é un produto bastante caro (349 dólares), conta con moitas menos
funcións que outros altofalantes conectados e moitas das súas prestacións
anunciadas o pasado xuño aÃnda non están dispoñibles (polo que haberá que
agardar a unha actualización do seu software para que o produto cumpra co
prometido). Se sumamos á ecuación que Siri ten un funcionamento pouco
consistente (para os altofalantes ten moitas menos funcionalidades que no
smartphone) non sorprende que, tras unhas fortes vendas iniciais que conseguiu
que o HomePod ocupase o 10% do mercado dos altofalantes conectados (no que
Amazon ten o 73% e Google o 14%) caeu drasticamente até un 4%, comezando a
notarse a situación nas tendas, onde estarÃan a demandar menos unidades para
evitar a súa acumulación. Iso contrasta coas previsións de Amazon e Google, que
cada vez venden máis unidades dos seus altofalantes conectados, cada vez máis
consolidados no mercado anglosaxón.
Perder a campaña de Nadal foi claramente un problema, pero semella que o campo de distorsión da realidade de
Apple non é dabondo para facer que un produto que vai a contracorrente (o punto
forte do resto de altofalantes conectados son os asistentes de voz, que é o
punto feble da compañÃa da mazá) poida trunfar, e non serÃa de sorprender que
non amplÃen a súa distribución internacional até que o teñan máis maduro (pois
aÃnda non soporta configuracións estéreo cun segundo altofalante nin
configuración multiroom).