Death Stranding sae á venda para PS4

venres, 8 de novembro do 2019 Marcus Fernández

Hoxe chega ás tendas o agardadísimo xogo de Hideo Kojjima Death Stranding, que temporalmente será exclusivo para PlayStation 4, aínda que a súa versión para PC vén de abrir as súas reservas tanto na Epic Games Store como en Steam, tendo que agardar os usuarios de ordenadores até o verán de 2020 para poder gozar desta curiosa produción.
Este xogo permítenos facer fronte a un mundo transformado por un fenómeno coñecido como Death Stranding, o que fai que o protagonista teña que carrexar restos desconectados do futuro e embarcarse nunha viaxe para reconectar un mundo devastado pouco a pouco.
Esta produción ten grandes toques cinematográficos, e como mostra diso temos que varios dos seus personaxes están interpretados por coñecidos actores como Norman Reedus, Mads Mikkelsen, Léa Seydoux e Lindsay Wagner.

Tráiler de lanzamento de Death Stranding

PUBLICIDADE